NOVAS FOTOS!!

Posted by Banda de Agolada under ,
Bueno pois hoxe quédanvos na Galería de Fotos do Blog as Fotos do Certame Zonal de Bandas de Lalín. Teñolle que agradecer o pai de Nilo que foi quen as sacou, así que moitas grazas. Bueno pois aquí vos queda un adianto.

OTRO PREMIO "PA LA SACA!"

Posted by Banda de Agolada under
A isto chámaselle comezar ben o ano... O sábado pasado celebrouse no Auditorio Municipal de Lalín o segundo Certame Zonal de Bandas de Música, Zona 1: Deza, Tabeirós-Terra de Montes. Éramos 3 agrupacións entre as cales se encontraban a de Lalín ou a de Bandeira. O Concurso durou dende a 6 da tarde ata aproximadamente ás 10 da noite, coincidindo co Rali do Cocido. Os primeiros en saír ó escenario fomos nós, como de costume, que abrimolo certame cas obras "Pontus Veteris" e "Fantasía en Do". Ao finalizar a nosa actuación tocoulle o turno a Banda Cultural de Lalín dirixida por Bram Snikers que tocou as obras "Dukita Mere" de Xulio Montero e "Xenia Sarda" de Hady Mertens. Tocoulle poñer punto e final as actuacións bandísticas a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira que baixo a batuta de Miguel Rodríguez interpretou "Estrasantico" de Simón Couceiro e "Music of the Spheres" de Philip Sparke. Mentres que o xurado deliberaba "o seu complicado fallo" tivemos como agrupación invitada o grupo de percusión "Perkuka" que nos interpretou o seu repertorio. Cando se deu a coñecer o resultado na sección primeira gañou a Banda de Lalín seguida da Recreativa de Bandeira.
Na nosa sección, como era previsible xa que íbamos nos solos, VOLVEMOS GAÑAR!!!!!!!
As aportacións económicas eran de 1.800€ por participar, 2.000€ de primeiro premio na primeira sección e 1.750€ na Segunda Sección. Aínda non teño fotos, pero xa as conseguirei!!
FELICIDADES!!!!
Pois iso este sábado día 14 temos o tan esperado Concurso Zonal de Bandas para Deza e Tabeirós, aínda que bueno da comarca de Tabeirós non se apuntou ninguén e da nosa comarca só tres bandas participantes unha delas nós. Polo tanto na Sección Primeira competirán a Banda de Música de Lalín e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira mentres que na nosa sección a Sección Segunda só imos nós a Banda de Música Municipal de Agolada. En fin un concurso propiamente dito non é pero bueno o premio témolo bastante fácil non? Tamén como non gañemos indo nós sós e que é para "colgarnos dun pino!!" jaja. Bueno pois moita sorte... aínda que espero que non nos faga falta. Tamén vos presento unha das caras do novo carnet de socio, xa que polo outra levan unha foto do Concurso Galego, no Auditorio de Galicia e aino que recoñecer,estéticamente melloraron moito.