BUSQUEDA DE INFORMACIÓN

Posted by Banda de Agolada under
Dende a Banda de Agolada estase buscando xente que teña calquer tipo de documento, fotografías ou simplemente que nos poida contar algo sobre a nosa historia e das Bandas veciñas como a de Brántega ou a de Ventosa... Se sodes vós ou coñecedes a alguén que teña este tipo de información pregamos se poña en contacto con calquer músico da banda, chame o teléfono 618808169, ou deixe un comentario neste blog. por nada máis moitas grazas.

ELECCIÓNS NA BANDA - A POLÉMICA

Posted by Banda de Agolada under ,
Velaquí temos o artigo publicado no xornal Faro de Vigo o día 12 de Xaneiro do 2010:

ELECCIÓNS NA BANDA

Posted by Banda de Agolada under , ,
Onte as 21:30 e na Casa da Cultura de Agolada, foron celebradas as eleccións a presidencia de Bmma. A asamblea contou con numeroso público asistente e despois de realizar as votacións a candidatura encabezada por Ángel Utrera alzouse co 68% dos votos emitidos mentres o 32% da lista encabezada por Xose Ramón Agra. O reconto dos votos o final da votacións foi o seguinte:
106 VOTOS EMITIDOS
73 - Lista de Ángel Utrera (Candidatura B)

32 - Lista de Xose Ramón Agra (Candidatura A)
1 - Voto en blanco

Polo tanto a directiva que rixira a a banda durante os próximos 4 anos sustituíndo a actual no que se atopaba de presidenta Guadalupe Varela será constituída por:
Ángel Utrera como presidente
Raquel Gónzalez como vicepresidenta
Rubén Porto como secretario
Paula González como tesoreira
Xesús Hermida como vocal
María José Vázquez como vocal
Francisco Javier Rial como vocal

frente a outra presentada que estaba formada por:
Xose Ramón Agra como presidente
Jaime Férnandez como vicepresidente
Diego García como secretario
Ovidio Reboredo como tesoreiro
Eduardo Sánchez como vocal
Fernando Blanco como vocal
Andrés Antonio Fernández como vocal

O recén chegado presidente e socio da organización dende hai dous anos e manifestaba onte que se presentou o cargo por primeira vez "porque creo que é necesario darlle un xiro a banda e dotar os seus músicos dun maior peso específico". As votacións contaron cun alto índice de participación e mesmo se produciron pequenos incidentes entre os dous bandos como resultado da polémica que rodeou estas eleccións xa que a lista de Xosé Ramón Agra está formada por persoas vinculadas ao Concello co que a votación de onte deixou claro a intención de que a banda funcione sen o estricto control político do governo. "Claro que queremos colaborar co Concello, xa que se trata dunha banda municipal, pero tamén queremos deslocalizar a xestión desta" apuntaba Ángel. Cabe destacar que a Bmma protagonizou un curriculum envidiable nos últimos anos cosechando premio en distintos torneos provinciais e autónómicos. (Fragmento sacado do xornal Faro de Vigo).
Aqui tedes unhas imaxes.