Concertos Xacobeo

Posted by Banda de Agolada under


A Banda de Agolada presentouse ao sorteo para realizar un concerto co motivo do ano Xacobeo, patrocinado pola Federacion Galega de Bandas de Música Populares. O sorteo para estes concertos levouse xa se levou a cabo e o resultado foi o seguinte:

  • 10 de xullo, 17:00 h. en Castrofeito- O Pino: Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia (suplente: Xove Banda de Narón)
  • 17 de xullo, 19:00 h. en Corcubión: Banda de Música do Concello de Barbadás (suplente: Banda da Escola de Música de Rianxo)
  • 18 de xullo, 20:00 h. en Fisterra: Banda Municipal de Música de Lousame (suplente: Banda de Música Municipal de Agolada)
  • 6 de agosto, 22:00 h. en Bertamiráns - Ames: Banda de Música de Vilalba (suplente: Banda de Música Municipal de Brión)
  • 8 de agosto, 12:00 h. en Abegondo: Banda de Música Cultural de Mondariz (suplente: Banda de Música Municipal de Valga)
  • 8 de agosto, 18:00 h. en Toques: Banda de Música Sementeira de Cambre (suplente: Banda de Música de Arca)
  • 21 de agosto, 20:00 h. en Baños de Molgas: Banda de Música Xuvenil de Xinzo (suplente: Agrupación Musico-Cultural de Ribadumia)
  • 29 de agosto, 12:00 h. en Guntín: Banda de Música Municipal de Silleda (suplente: Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo)
  • 18 de setembro, 20:00 h. en Oroso: Banda de Música Popular de Rubiós (suplente: Unión Musical Ponteledesma)
  • 19 de setembro, 18:00 h. en Negreira: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis (suplente: Banda Escola de Música de Beade)
Como vedes non temos o concerto seguro, senón que nos tocou ser os suplentes da Banda de Música de Lousame, que se lle vai facer... outra vez será.
REUNIÓN O VENRES 18 COS MÚSICOS E COS PAIS DA BANDA

FESTA DO SOCIO 2010

Posted by Banda de Agolada under ,
Este ano celebramos a festa do socio da Banda de Agolada cun gran éxito en canto a asistencia, xa que preto de 250 persoas abarrotaron a carpa onde se realizou o xantar. O concerto realizouse na praza do Concello e interpretáronse algún que outro pasodobre, unhas muiñeiras e unhas cuantas obras galegas. Tamén este ano conseguimos superala barreira dos 200 socios e día a día somos máis. Remexendo por Youtube descubrin o vídeo que vos poño a continuación. É unha gravación do concerto na praza. Por último decirvos que as fotos xa están subidas na Galería de Fotos.