VERANO 2010

Posted by Banda de Agolada under ,
MOI BOAS DE NOVO!!
Regresamos das vacacións para poñervos ao día do nosa Banda. Este verao foi unha etapa fantástica... houbo moitas actuacións e en diversos lugares da xeografía galega por donde fomos deixando pegada. Unhas de estas actuacións son a de Ribadeo, Ordes, Antas de Ulla, Vigo, Arcade e diversas parroquias do Concello. Só dispoño de fotos de Ordes así que aquí vos quedan.
Pero en todo esto queda mencionar a actuación máis importante de todos, xa que a Banda de Agolada, desprazouse ata Luarca na Comunidade veciña de Asturias durante 3 días (18, 19, 20 de agosto) para tocar nun certame xunto a Banda de Xixón e a Banda de Luarca. Tamén, o último día tocou un concierto de música tradicional galega que deixou "boquiabertos" ós lugareños.
Ademais de todo esto o grupo tamén tivo tempo para pasalo ben, ou moi ben, pero bueno desto pouco se pode decir aqui xa que como di a frase das camisetas feitas para a ocasión "O que pase en Luarca...quedará en Luarca" e máis ou menos, así foi. Ademais as fotos falan por si solas. Resumindo, foi unha viaxe inesquecible, ou olvidada xa por algúns o mesmo día :-), e que por sorte se repetirá para o ano e esperemos sexa igual ou mellor ca este. Velaquí quedan unhas cuantas fotos e haberá máis na galería de fotos.