NOVAS FOTOS!!

Posted by Banda de Agolada under ,
Bueno pois hoxe quédanvos na Galería de Fotos do Blog as Fotos do Certame Zonal de Bandas de Lalín. Teñolle que agradecer o pai de Nilo que foi quen as sacou, así que moitas grazas. Bueno pois aquí vos queda un adianto.

OTRO PREMIO "PA LA SACA!"

Posted by Banda de Agolada under
A isto chámaselle comezar ben o ano... O sábado pasado celebrouse no Auditorio Municipal de Lalín o segundo Certame Zonal de Bandas de Música, Zona 1: Deza, Tabeirós-Terra de Montes. Éramos 3 agrupacións entre as cales se encontraban a de Lalín ou a de Bandeira. O Concurso durou dende a 6 da tarde ata aproximadamente ás 10 da noite, coincidindo co Rali do Cocido. Os primeiros en saír ó escenario fomos nós, como de costume, que abrimolo certame cas obras "Pontus Veteris" e "Fantasía en Do". Ao finalizar a nosa actuación tocoulle o turno a Banda Cultural de Lalín dirixida por Bram Snikers que tocou as obras "Dukita Mere" de Xulio Montero e "Xenia Sarda" de Hady Mertens. Tocoulle poñer punto e final as actuacións bandísticas a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira que baixo a batuta de Miguel Rodríguez interpretou "Estrasantico" de Simón Couceiro e "Music of the Spheres" de Philip Sparke. Mentres que o xurado deliberaba "o seu complicado fallo" tivemos como agrupación invitada o grupo de percusión "Perkuka" que nos interpretou o seu repertorio. Cando se deu a coñecer o resultado na sección primeira gañou a Banda de Lalín seguida da Recreativa de Bandeira.
Na nosa sección, como era previsible xa que íbamos nos solos, VOLVEMOS GAÑAR!!!!!!!
As aportacións económicas eran de 1.800€ por participar, 2.000€ de primeiro premio na primeira sección e 1.750€ na Segunda Sección. Aínda non teño fotos, pero xa as conseguirei!!
FELICIDADES!!!!
Pois iso este sábado día 14 temos o tan esperado Concurso Zonal de Bandas para Deza e Tabeirós, aínda que bueno da comarca de Tabeirós non se apuntou ninguén e da nosa comarca só tres bandas participantes unha delas nós. Polo tanto na Sección Primeira competirán a Banda de Música de Lalín e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira mentres que na nosa sección a Sección Segunda só imos nós a Banda de Música Municipal de Agolada. En fin un concurso propiamente dito non é pero bueno o premio témolo bastante fácil non? Tamén como non gañemos indo nós sós e que é para "colgarnos dun pino!!" jaja. Bueno pois moita sorte... aínda que espero que non nos faga falta. Tamén vos presento unha das caras do novo carnet de socio, xa que polo outra levan unha foto do Concurso Galego, no Auditorio de Galicia e aino que recoñecer,estéticamente melloraron moito.

A ACTUACIÓN DE SANTIAGO EN DVD!!

Posted by Banda de Agolada under ,
Se o outro día colguei a gravación en audio, hoxe poño algo mellor.... resulta que os "vagos" da Federación por fin remataron os nosos vídeos do Certame Galego de Bandas, vamos do certame de Santiago. Bueno aquí vos quedan. O primeiro é o Golada, despois Fantasía en Do, a continuación Ghost Train (1º movimiento) e Ghost Train (3º movimiento) .







A GRAVACIÓN DE SANTIAGO EN AUDIO

Posted by Banda de Agolada under
Pois xa acobou a espera... xa temos a música do Certame Galego de Bandas. Podedela escoitar aquí pero tamén podedes descargar a música dende a páxina da federación. Aquí vos queda a gravación. Xa non poño o pasodobre "Golada" que xa o coñecemos todos, queda a Fantasía en Do de David Fiúza e o noso Ghost Train de Eric Whitacre.







NOVO VÍDEO NA CANLE DA FGBMP

Posted by Banda de Agolada under , ,
Bueno pois por fin dende novembro xa parece que empezaron a colgar os vídeos deste ano. Non choveu nin nada, pero bueno, mellor tarde que nunca. O video trátase dun resumo da Sección Segunda, aquí sale un anaco cada banda. A ver se colgan as actuacións enteiras dunha vez. Ademais xa temolo audio dispoñibel e proximamente poñereino no blog. Velaquí vos queda o vídeo.


Espero que vos guste

ENSAIO DO VENRES 06/02/2008 SUSPENDIDO

Posted by Banda de Agolada under
Pos o dito que debido a neve o ensaio deste venres queda suspendido. O Nilo non da vido dende a súa casa ademais moita xente vai a Gala do Cocido a Lalín polo tanto non hai ensaio xeral. Aínda así o sábado día 07/02/2008 haberá ensaio ás 12 de metais e ás 4 de madeiras. Un Saúdo a todos.