BUSQUEDA DE INFORMACIÓN

Posted by Banda de Agolada under
Dende a Banda de Agolada estase buscando xente que teña calquer tipo de documento, fotografías ou simplemente que nos poida contar algo sobre a nosa historia e das Bandas veciñas como a de Brántega ou a de Ventosa... Se sodes vós ou coñecedes a alguén que teña este tipo de información pregamos se poña en contacto con calquer músico da banda, chame o teléfono 618808169, ou deixe un comentario neste blog. por nada máis moitas grazas.

Enlaces a esta entrada

ELECCIÓNS NA BANDA - A POLÉMICA

Posted by Banda de Agolada under ,
Velaquí temos o artigo publicado no xornal Faro de Vigo o día 12 de Xaneiro do 2010:
Enlaces a esta entrada

ELECCIÓNS NA BANDA

Posted by Banda de Agolada under , ,
Onte as 21:30 e na Casa da Cultura de Agolada, foron celebradas as eleccións a presidencia de Bmma. A asamblea contou con numeroso público asistente e despois de realizar as votacións a candidatura encabezada por Ángel Utrera alzouse co 68% dos votos emitidos mentres o 32% da lista encabezada por Xose Ramón Agra. O reconto dos votos o final da votacións foi o seguinte:
106 VOTOS EMITIDOS
73 - Lista de Ángel Utrera (Candidatura B)

32 - Lista de Xose Ramón Agra (Candidatura A)
1 - Voto en blanco

Polo tanto a directiva que rixira a a banda durante os próximos 4 anos sustituíndo a actual no que se atopaba de presidenta Guadalupe Varela será constituída por:
Ángel Utrera como presidente
Raquel Gónzalez como vicepresidenta
Rubén Porto como secretario
Paula González como tesoreira
Xesús Hermida como vocal
María José Vázquez como vocal
Francisco Javier Rial como vocal

frente a outra presentada que estaba formada por:
Xose Ramón Agra como presidente
Jaime Férnandez como vicepresidente
Diego García como secretario
Ovidio Reboredo como tesoreiro
Eduardo Sánchez como vocal
Fernando Blanco como vocal
Andrés Antonio Fernández como vocal

O recén chegado presidente e socio da organización dende hai dous anos e manifestaba onte que se presentou o cargo por primeira vez "porque creo que é necesario darlle un xiro a banda e dotar os seus músicos dun maior peso específico". As votacións contaron cun alto índice de participación e mesmo se produciron pequenos incidentes entre os dous bandos como resultado da polémica que rodeou estas eleccións xa que a lista de Xosé Ramón Agra está formada por persoas vinculadas ao Concello co que a votación de onte deixou claro a intención de que a banda funcione sen o estricto control político do governo. "Claro que queremos colaborar co Concello, xa que se trata dunha banda municipal, pero tamén queremos deslocalizar a xestión desta" apuntaba Ángel. Cabe destacar que a Bmma protagonizou un curriculum envidiable nos últimos anos cosechando premio en distintos torneos provinciais e autónómicos. (Fragmento sacado do xornal Faro de Vigo).
Aqui tedes unhas imaxes.

Enlaces a esta entrada

Artigo - La Voz de Galicia 27/11/2009

Posted by Banda de Agolada under ,
¡¡Menos mal que acabamos de estrenalo edificio!!
P.D.: Para ver o artigo máis grande pinchar enriba da imaxe.

Enlaces a esta entrada

OBRAS DO AUDITORIO!!

Posted by Banda de Agolada under ,
¡¡REANUDACIÓN DAS OBRAS DO AUDITORIO!!
POR FIN DESPOIS DE ANOS!!
XA ERAN HORAS!!




Enlaces a esta entrada

XIRA 2009!!

Posted by Banda de Agolada under ,
Bueno pois agora que se puxo mal tempo, por fin me decidín a actualizar o blogue que vou falla lle fai. Non se publicou nada en todo o verán dende que fomos a Pobra do Caramiñal.
Agora vou facer un pequeno resumo de tódalas actuacións das que teño fotos, que non son poucas, aínda que pouco hai que decir... Comezamos:

SAN FIZ - Chantada
Bueno pois iso, concerto pola maña e pola noite. Se mal non recordo esta vila tiña unhas costas arriba "da leche". Bueno mirade as fotos.



MELIDE
Agora viría o certame de Bandas do día 12 de agosto pero xa falarei del noutra entrada... Se seguimos polos lugares onde fumos parar este verao tócalle o turno as Festas de San Roque, en Melide. Sinto só poder ofrecer unha foto pero e que non tiven tempo para andarme con lerias. Xa sabedes... Vemos o noso amigo, o trompista Marcos, preparado para comezar a tocar no palco da orquesta "Armonína Show".
MEIRA
Pois seguimos e tócalle o turno a Meira (Moaña). Un pequeno pobo situado na ría de Vigo. Nesta vila tamén, o concerto foi durante todo o día. Como anécdota podevos decir que había un tipo que nos presentaba polo micro e ía como un pouco de resabido e na última peza, antes de rematar, dixo todo cheo: "Agora a Banda de Agolada vai acabar con Cielo Azul*" (Cielo Andaluz). En fin tonterías, tampouco dispoño de imaxes da banda`propiamente dita pero si teño algún recordo...

CEDEIRA

Pois aqui fumos convidados á Xuntaza de Bandas de Música Vila de Cedeira. Non hai moito que decir foi un Certamen pequeno, quedádevos cas fotos


O ROSAL
A nosa seguinte actuación seguiu por estas terras xa que fomos tocar ó XX ´Festival de Xóvenes Músicos organizado pola Agrupación Musical do Rosal. É decir que fumos ó Rosal. Conseguin unhas fotos moi boas, que non foron sacadas por min, xa que estaba tocando. Tocamos o pasodobre "Cielo Andaluz", e as obras "La leyenda del Beso" de Soutullo y Vert e o "Concerto para Clarinete" de Oscar Navarro. O solista foi Antonio Suárez. Aqui tedes as fotos.



GUNTÍN

A Federación de Bandas organizou os concertos "Vai de Camiño" e a Banda de Agolada tocoulle ir a "Festa do Pemento" a vila luguesa de Guntín. Ata nos invitou a comer o alcalde, pero outra vez será...
Sinto non dispoñer fotos das festas de Artoño, Trabancas, Porriño e Ventosa, pero non me acordei, así que quedarán para o próximo ano. E nada, así a moi grandes rasgos este foi o verán que pasou a Banda de Agolada pola xeografía galega. Tamén houbo máis acontecementos pero tempo o tempo xa irei contando. Pois deica a próxima.
Enlaces a esta entrada

A Pobra do Caramiñal

Posted by Banda de Agolada under
Vou con algo de retraso, como de costumbre, pero mellor tarde que nunca.
O día 18 de xullo a Banda de Agolada estivo no municipio coruñés de A Pobra do Caramiñal. A Banda despois dun intenso pasacalles polas rúas do pobo, deu un concerto ó mediodía para amenizar a sesión vermú.
A tarde, despois de comer, os músicos gozaron dunha intensa sesión de praia, onde oubo chapuzóns, fútbol, barcas e demais...
Para rematar deu outro concerto a media tarde na praza da vila, onde se congregou numeroso público e despois dunha xornada tan agotadora, ven a volta a casa...

Irei subindo as fotos a galería, por agora contentadevos con iste adianto.
Enlaces a esta entrada