A BMMA empeza a tempada de concertos de primavera pisando forte polo momento xa hai cinco actuacións que son as seguintes:
Abrimos o 18 de abril o ciclo de concertos primavera na parroquia de Esperante, continuamos o 25 deste mes en Carmoega, e pola tarde dirixiremonos ata o Certame de Bandas de Meaño, onde tocaremos xunto coa Unión Musical de Meaño e a Banda de Lalín. Seguimos o sábado 1 de maio no lugar de Brocos co programa primaveral, e para rematar este concluímos en Agolada o día 23 de maio, día no que tamén se celebrará a "Festa do Socio", onde tódolos socios e membros da banda estarán invitados a unha gran comida.

CONCERTOS DE PRIMAVERA

Posted by Banda de Agolada under
Xa temos as parroquias as que a Banda irá este ano para facer os xa tradicionales Concertos de Primavera. As aldeas elexidas este ano son:

- BROCOS -
- ESPERANTE -
- CARMOEGA -
- AGOLADA -
Aínda non sabemos a data pero saberase dentro de pouco.

Inesperadamente acabanme de chegar o meu correo electrónico as fotos do primer concerto de primavera celebrado o pasado 26 de abril na parroquia de Vilariño, por agora só vou poñer unha ou dúas, aínda que pronto poderase gozar de todas as fotos dos concertos de primavera na nosa galería de imaxes. Pois aqui vos quedan. E o domingo, concerto en Brántega.
Pois o sábado tocou o Certame de Narón, cunha amplísima expectacción, e, sinceramente un auditorio magnífico e moi amplo. Paricipamos nós a Banda de Viveiro e a Banda de Narón nun recital que durou dende as 7 da tarde ata as nove e pico. O noso repertorio foi o pasodoble "Festere i Music", e as obras "Pontus Veteris", "Los viajes de Gulliver" . Non posúo fotos pero seguro que os da Banda de Narón me pasarán algunha.
Por outra banda, o segundo concerto de primavera, en Eidián, tamén foi todo éxito, só o fastidiou un pouco a choiva pero acabouse arreglando e xente seguiu con nós ata o remate. Velaquí tedes as fotos:
-E bueno as próximas actuacións son Brantega e a Festa do Socio en Agolada, para rematar quedavos aquí a foto de Nilo, o director, eu e o clarinete solista da Orquesta do Teatro Real de Madrid, no Conservatorio en Lugo.
Bueno pois xa empezamos o ciclo de concertos de primavera. O primeiro celebrouse o pasado domingo no campo da festa de Vilariño cun amplo público moi entusiasmado. O concerto durou aproximadamente unha hora e media, onde a Banda de Agolada interpretou obras como "Pontus Veteris", "Los Viajes de Gulliver", e diversos pasobdobres e muiñeiras. O próximo concerto de primavera celebrase en Eidián aínda que o día anterior asistiremos a un certame a Narón. Sinto non poder ofrecervos imaxes.