OBRAS DO AUDITORIO!!

Posted by Banda de Agolada under ,
¡¡REANUDACIÓN DAS OBRAS DO AUDITORIO!!
POR FIN DESPOIS DE ANOS!!
XA ERAN HORAS!!




MÁIS FOTOS E UNHAS FELICITACIÓNS

Posted by Banda de Agolada under , ,
Bueno pois xa tiña esto algo atrasado asi que hoxe poño todo o día. En primeiro lugar informarvos de que xa estan na galería fotográfica as fotos da festa do socio que se celebrou o pasado día dezasete e as do concerto de alumnos e Banda Xuvenil. Tamén en segundo lugar, felicitar a Pablito (trompeta) que quedou segundo no Concurso de Xóvenes Interpretes do Concello de Ortigueira e xa para rematar felicitar a Diego (saxo) e a min mesmo por aprovar no Conservato de Música Profesional de Lalín. Aqui tedes a gravación de Diego, non ten moi boa calidade pero para ser unha gravación "ilegal" aínda se vai escoitando.





IX Certame de Bandas de Pontevedra

Posted by Banda de Agolada under ,
Na páxina da FGBMP aparecía esta información que me pacereu oportuno poñela aqui. É sobre o IX Certame de Pontevedra. Son as bases.

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 30 de abril de 2009, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:


PRIMEIRA.—A Deputación de Pontevedra no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música da nosa provincia convoca o IX Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” que terá lugar os días 2, 3 e 4 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.


SEGUNDA.— Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar todas as bandas de música federadas, na Federación Galega de Bandas de Música Populares, da provincia de Pontevedra que o desexen.


TERCEIRA.— Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a:
Sección especial: 4 bandas participantes de 81 a 115 músicos
Sección primeira: 6 bandas participantes de 61 a 80 músicos
Sección segunda: 6 bandas participantes de 46 a 60 músicos
Sección terceira: 10 bandas participantes ata 45 músicos
Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección.
Para que unha sección poida constituírse será necesaria a concorrencia á mesma dun mínimo de dúas bandas. No caso de que só haxa unha banda inscrita nunha sección, dentro do prazo previsto nas bases, instarase a esta banda a participar na sección anterior ou na posterior de ser o caso.


CUARTA.— Sobrepasado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establecer as participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público. Cada banda de música interpretará, fóra de concurso, un pasodobre cuxa duración máxima será de 4 minutos. Dentro do concurso cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes:
Sección especial: 20 ± 5 minutos
Sección primeira: 20 ± 5 minutos
Sección segunda: 15 ± 5 minutos
Sección terceira: 10 ± 5 minutos
O exceso será penalizado na puntuación do xurado.


QUINTA.— O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúe este comité.


SEXTA.— O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música como vogais, o presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado, estarase ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro.


SÉTIMA.— As bandas de música terán dereito a percibir con cargo á partida 09/451.451.481.06 e en concepto de participación, as seguintes cantidades:
Sección especial: 3.800 €
Sección primeira: 3.200 €
Sección segunda: 2.600 €
Sección terceira: 2.000 €
No caso de que participase o número máximo de bandas permitidas en cada sección segundo se establece na base terceira, o importe máximo a percibir sería de 70.000 €.


OITAVA.— Concederanse, dentro de cada sección, un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ás bandas que acaden a maior puntuación. Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no certame tendo en conta os seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas.


NOVENA.— A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.


DÉCIMA.— A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a máxima puntuación os seguintes premios:

1º Premio
2º Premio
Sección especial:
4.200 €
2.100 €
Sección primeira:
3.500 €
1.800 €
Sección segunda:
3.000 €
1.400 €
Sección terceira:
2.500 €
1.200 €
O importe destes premios imputaranse á partida 09/451.451.481.06, na que se xerará crédito unha vez asinado o convenio de colaboración coa Fundación Caixa Galicia como entidade patrocinadora deste evento.
A Federación Galega de Bandas de Música Populares, concederá os seguintes premios á terceira banda clasificada de cada unha das seccións:
3.º Premio
Sección especial:
600 €
Sección primeira:
500 €
Sección segunda:
400 €
Sección terceira:
300 €
Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental ás bandas de música que obteñan o 1º premio, por importe de:
Sección especial: 1.500 €
Sección primeira: 1.200 €
Sección segunda: 1.050 €
Sección terceira: 900 €


DÉCIMO PRIMEIRA.— As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes:
Sección especial: Meigas Gonzalo Gómez Deval
Sección primeira: Lantaño (Rapsodia galega) Eligio Vila
Sección segunda: Esbozos sinfónicos Xosé Carlos Seráns
Sección terceira: Saraldara (Balada e muiñeira) Javier Ces


DÉCIMO SEGUNDA.— O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases.
Durante o período de inscrición, e no Servizo de Cultura, estarán a disposición das bandas de música, para a súa consulta, as obras obrigadas de cada sección.


DÉCIMO TERCEIRA.— Co obxecto de determinar nas bandas de música participantes a orde de actuación realizarase un sorteo público no Pazo provincial, sede da Deputación, ante o presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán excluídas para poder participar no certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o ditame do comité organizador. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación Provincial o historial da banda de música, a súa foto e mailo currículo do director (todo isto debe presentarse en soporte informático), así como CINCO exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración e o título do pasodobre a interpretar. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no certame.


DÉCIMO CUARTA.— Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécese o seguinte:
Constitúese unha comisión de control, que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, dous funcionarios do Servizo de Cultura da Deputación Provincial e un delegado observador de cada unha das bandas participantes na sección na que actúan. Esta comisión poderá delegar o control de firmas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros.
A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegarán: DNI ou pasaporte.
Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente.


DÉCIMO QUINTA.— O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. Adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame.
O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace.
As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable o propio comité.
A sede oficial do comité organizador do certame será no Servizo de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra.
Finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación.


DÉCIMO SEXTA.— O comité organizador do IX Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” estará constituído da seguinte maneira:
Presidente: O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue.
Vogais:
Dous representantes da Deputación de Pontevedra
Un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares
O asesor artístico-musical do certame
O director técnico do certame
Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue.


DÉCIMO SÉTIMA.— Os membros do xurado e do comité organizador percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o R.d. 462/2002, de 24 de maio, e actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A.
Pontevedra, 4 de Maio de 2009
Bueno pois recién chegadiño do meu correo chega a resposta de Rafael Louzán a miña carta sobre o Auditorio.

Estimado Daniel:
Antes de nada quixera felicitarvos, o igual que o fixen cos demáis compañeiros da agrupación, que tamén me enviaron un correo coa mesma petición que vostede me plantexa, polos éxitos acadados nos distintos festivais musicais nos que fostedes recoñecidos. Me dis no teu correo que moitos dos proxectos que tendes non se poden levar a cabo por falla de recursos. Eu quixera que poiderades entender, que a miña dispoción para que a construcción do ansiado auditorio, fose xá unha realidade é total. Pero a realidade nos dí que as necesidades dun concello coma o voso, son moitas e moi variadas, xa sexa o auditorio, pavimentacións, saneamentos, actividades culturais, inversións... e para todas elas, según me fixo saber o voso alcalde en moitas ocasións, a única colaboración das administracións que tivo durante os últimos anos, foron as aportacións que dende esta Institución se concedían. Con elo non quero xustificar nada, simplemente querevos facer ver, que o igual que ocurre na vosa institución, ao largo destes anos o concello tivo que subsistir e administrar as aportacións da Deputación, entre todas as necesidades que xurdían no voso concello, e elo provocou, en contra da voluntade do alcalde, a ralentización de moitos proxectos. Ó marxe do dito, me consta que en breve se ponrá en marcha unha nova fase de construcción do auditorio. En canto a dificultade de acceder a internet cunha velocidade adecuada, decirlle que a Deputación ten en marcha un proxecto, a través do cal, se pretende crear unha rede wimax de acceso a internet de banda ancha en toda a provincia, proxecto cuio plan piloto dará comenzo precisamente no voso concello. Sen máis, un saúdo.
Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación

A MIÑA CARTA O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Posted by Banda de Agolada under , ,
Moi boas!!
Coido que xa non son o primeiro membro da Banda de Agolada que lle escribe a esta dirección, pero tamén asegúrolle que non serei o último...
Señor presidente, vostede preguntouse algunha vez que sería un equipo de fútbol sen o seu lugar de traballo, e dicr, sen o seu campo de deportes? A reposta a esta pregunta, debe de ser unha das escasas cousas nas que vostede e eu coincidimos, non sería nada, verdade? Nós non somos equipo de fútbol, pero somos un equipo musical, e ante todo un equipo de grandes amigos, dispostos a chegar onde faga falla para conseguir o que merecemos. Unha agrupación musical, coma a nosa, ou coma outra calquera, non merece estas condicións. Temos grandes proxectos que non se están levando a cabo, ou que simplemente se están esquecendo, por falta de recursos, resursos que vostede nos pode proporcionar como é un Auditorio. O día 17 de maio, día da Festa do Socio da Banda de Agolada, o noso concerto tívose que ver suspendido por culpa da choiva. É indignante que os nosos concertos, no noso pobo teñan que vir determinados polas condicións climatolóxicas, e perdoeme pola expresión, pero "e moi jodido" ver como os planes que se levan preparando meses e meses rematan nun fiasco por un factor tan impredecible como tempo.
Non queremos un auditorio tan grande como o Pazo da Cultura, xa que hai poderiamos vivir tódolos veciños de Agolada, que unha construcción practica e funcional. Este ano gañamos os tres concursos máis importante de toda Galiza, entre eles os organizados pola súa Deputación, ¿vostede cree que nos merecemos estas condicións?
Creo que me merezo unha clara contestación porque xa só para cargar a páxina web, é "unha verdadeira tortura" xa que non dispoñemos de ADSL.
Esperando recibir resposta.
Daniel Sousa

CARTAS O PRESIDENTE LOUZAN

Posted by Banda de Agolada under , ,
Vistos os poucos resultados que teñen as nosas queixas no concello, a certos membros da banda ocorreuseles mandarlle directamente unhas cartas o presidente da Depputacion, Rafael Louzan, a traves da paxina web da deputacion de Pontevedra. Polo momento ainda non temos resposta ainda que na nosa Banda non se perde a esperanza, esperamos que pronto recibamos unha contestacion satisfactotia. Velaqui tedes as Cartas a primeira, enviada polo noso director, Nilo, e a segunda por Javi trompa. Se queredes leer o que pon so tedes que pinchar encima delas e asi veredelas mais grandes.
Pois o sábado tocou o Certame de Narón, cunha amplísima expectacción, e, sinceramente un auditorio magnífico e moi amplo. Paricipamos nós a Banda de Viveiro e a Banda de Narón nun recital que durou dende as 7 da tarde ata as nove e pico. O noso repertorio foi o pasodoble "Festere i Music", e as obras "Pontus Veteris", "Los viajes de Gulliver" . Non posúo fotos pero seguro que os da Banda de Narón me pasarán algunha.
Por outra banda, o segundo concerto de primavera, en Eidián, tamén foi todo éxito, só o fastidiou un pouco a choiva pero acabouse arreglando e xente seguiu con nós ata o remate. Velaquí tedes as fotos:
-E bueno as próximas actuacións son Brantega e a Festa do Socio en Agolada, para rematar quedavos aquí a foto de Nilo, o director, eu e o clarinete solista da Orquesta do Teatro Real de Madrid, no Conservatorio en Lugo.