Bueno pois hoxe quédanvos na Galería de Fotos do Blog as Fotos do Certame Zonal de Bandas de Lalín. Teñolle que agradecer o pai de Nilo que foi quen as sacou, así que moitas grazas. Bueno pois aquí vos queda un adianto.



.jpg)

P.D. : Podedes firmar no libro de visitas...

A verdade e que xa pasou algún tempo dende aquel marabilloso 4 de outubro en Pontevedra. Foi un día para o recordo. Tocabámos de primeiros as catro da tarde, con moitos nervios encima, aínda que cuns pilares fortes que nos animaban e nos apoiaban a seguir loitando por ese premio. Despois de todo un verán traballando "a tope", moitas tardes e moitas noites na Casa da Cultura, despois de ir ensaiar o auditorio de Merza e no de Lalín e despois de tódalas festas fumos logramos o noso obxectivo. Eran as 3 da maña... o auditorio do Pazo da Cultura cheo a rebosar de xente, moito calor e sobre todo moito sono, esperando ó fallo do xurado ata que por fin, saíu dun dos pasillos da entrada o escenario un misterioso home moi elegante. Todos estábamos moi nerviosos pero os nosos nervios eran en vano, xa que levamos un 1º PREMIO NO XIII CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DA EXMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.| Data | Lugar |
| Sta. María de Oia | 18-07-2010 | -- | -- |
