Este certame lévase organizando dende o 2007 no Auditorio do Galicia e está respaldado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e apoiado pola Xunta de Galicia. Este ano 2008, a súa data tocou a 22 de novembro, un día que quedará gravado na mente de moitos dos habitantes de Agolada, xa que este ano era a primeira vez que se presentaba a nosa banda. Pero a sorpresa non foi esa senón que acadaramos o primeiro premio na sección segunda. Con iste certame a nivel autonómico queda demostrado que a Banda de Agolada pode considerarse unha das mellores de Galicia na súa sección. Os rivales non eran fáciles, xa que non eran menos que banda Sementeira de Narón ou a Banda Cultural de Teo entre outras agrupacións pero ao igual que en Pontevedra despois de moito esforzo e moito traballo, logramolo. Aquí vos queda o vídeo do fallo do xurado na nosa sección, e unha foto da banda (podedes ver máis na galería de fotos do blog) música non a teño de momento, pero en canto a teña poñereina nesta páxina. Tamén aproveitar para dar a noraboa a Agrupación Cultural e Deportiva de Matamá, a Banda Sementeira de Narón e a Banda Cultural de Teo, que acadaron o 2º, 3º e 4º puesto respectivamente, e ademais darlle as grazas a tódolos "naranjitos" e xente de Agolada que nos animou en ambolosdous certames.