Bueno pois xa empezamos o ciclo de concertos de primavera. O primeiro celebrouse o pasado domingo no campo da festa de Vilariño cun amplo público moi entusiasmado. O concerto durou aproximadamente unha hora e media, onde a Banda de Agolada interpretou obras como "Pontus Veteris", "Los Viajes de Gulliver", e diversos pasobdobres e muiñeiras. O próximo concerto de primavera celebrase en Eidián aínda que o día anterior asistiremos a un certame a Narón. Sinto non poder ofrecervos imaxes.