CONCERTOS "VAI DE CAMIÑO"

Posted by Banda de Agolada under
Boletín da Federación Galega de Bandas de Música Populares
26-06-2009

Xacobeo ven de confirmar hoxe mesmo o presuposto que dará á Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realización dos xa tradicionais concertos Vai de Camiño. A reducción volve a estar presente xa que se pasa dos 23 concertos do 2008 a 8 concertos durante este 2009. Con todo, e despois das queixas das bandas, as condicións para a realización dos concertos serán máis estrictas ca nunca.
Os concertos planificados polo Xacobeo para este verán son os seguintes:
Venres 3 de xullo en San Cristovo de Cea
-Sábado 18 de xullo en Toques
-Domingo 19 de xullo en O Pino
-Sábado 15 de agosto en Baños de Molgas
-Sábado 15 de agosto en Monterrei*
-Domingo 16 de agosto en Riós
-Data por confirmar en agosto en Guntín
-Domingo 20 de setembro en San Cibrao das Viñas

*A saída de Monterrei non será nas mesmas condicións que as demáis. O concerto de pola tarde substituirase por un pasarrúas que comezará as 9 da mañá e un concerto ao medio día. Ademais da cantidade acordada, o concello ofrecerá unha comida para a banda.
Para a solicitude de participación no primeiro dos concertos (Venres 3 de xullo) establécese un prazo especial de solicitude telefónica a través do 686679836 que rematará o martes día 30 de xullo ás 20.00 horas. Pouco despois, notificarase por vía telefónica tamén, a banda encargada de ofrecer o concerto e solicitaráselle a información pertinente.
As bandas que queira participar nos demáis concertos deben estar federadas e solicitalo por vía electrónica antes das 15.00 horas do día 9 de xullo. O sorteo celebrarase ás 20.00 horas do mesmo 9 de xullo na oficina da Federación Galega de Bandas de Música Populares onde deberá estar presente cando menos un representante de cada banda solicitante.
As condicións que establece o contrato son de 2000€ para bandas con menos de 50 músicos músicos federados e de 2500€ para as bandas que superen os 50 músicos federados. Tamén se establecen condicións para o repertorio que deberá estar composto, polo menos no 50% por obras de temática ou autoría galega.
O concello onde se realice o concerto garantirá unhas condicións óptimas para a súa celebración. Estas condicións serán avaliadas pola Federación Galega de Bandas de Música que servirá de intermediaria e estará tamén ao cargo da publicidade dos concertos para os que se creará un cartél estándar.
Máis información no teléfono 686679836.