Este certame lévase organizando dende o 2007 no Auditorio do Galicia e está respaldado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e apoiado pola Xunta de Galicia. Este ano 2008, a súa data tocou a 22 de novembro, un día que quedará gravado na mente de moitos dos habitantes de Agolada, xa que este ano era a primeira vez que se presentaba a nosa banda. Pero a sorpresa non foi esa senón que acadaramos o primeiro premio na sección segunda. Con iste certame a nivel autonómico queda demostrado que a Banda de Agolada pode considerarse unha das mellores de Galicia na súa sección. Os rivales non eran fáciles, xa que non eran menos que banda Sementeira de Narón ou a Banda Cultural de Teo entre outras agrupacións pero ao igual que en Pontevedra despois de moito esforzo e moito traballo, logramolo. Aquí vos queda o vídeo do fallo do xurado na nosa sección, e unha foto da banda (podedes ver máis na galería de fotos do blog) música non a teño de momento, pero en canto a teña poñereina nesta páxina. Tamén aproveitar para dar a noraboa a Agrupación Cultural e Deportiva de Matamá, a Banda Sementeira de Narón e a Banda Cultural de Teo, que acadaron o 2º, 3º e 4º puesto respectivamente, e ademais darlle as grazas a tódolos "naranjitos" e xente de Agolada que nos animou en ambolosdous certames.



Certame de Pontevedra

Posted by Banda de Agolada under
A verdade e que xa pasou algún tempo dende aquel marabilloso 4 de outubro en Pontevedra. Foi un día para o recordo. Tocabámos de primeiros as catro da tarde, con moitos nervios encima, aínda que cuns pilares fortes que nos animaban e nos apoiaban a seguir loitando por ese premio. Despois de todo un verán traballando "a tope", moitas tardes e moitas noites na Casa da Cultura, despois de ir ensaiar o auditorio de Merza e no de Lalín e despois de tódalas festas fumos logramos o noso obxectivo. Eran as 3 da maña... o auditorio do Pazo da Cultura cheo a rebosar de xente, moito calor e sobre todo moito sono, esperando ó fallo do xurado ata que por fin, saíu dun dos pasillos da entrada o escenario un misterioso home moi elegante. Todos estábamos moi nerviosos pero os nosos nervios eran en vano, xa que levamos un 1º PREMIO NO XIII CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DA EXMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

As nosas caran rebosaron de alegría, os nosos amig@s e familiares estaban alí para apoiarnos e celebraron con nos un premio moi merecido. Aquí vos deixo a foto da Banda no escenario. E tamén a gravación de dito certame, que tamén atoparedes nun enlace no que proximamente estará dispoñible toda a música da banda. Saúdos.