Bueno pois recién chegadiño do meu correo chega a resposta de Rafael Louzán a miña carta sobre o Auditorio.

Estimado Daniel:
Antes de nada quixera felicitarvos, o igual que o fixen cos demáis compañeiros da agrupación, que tamén me enviaron un correo coa mesma petición que vostede me plantexa, polos éxitos acadados nos distintos festivais musicais nos que fostedes recoñecidos. Me dis no teu correo que moitos dos proxectos que tendes non se poden levar a cabo por falla de recursos. Eu quixera que poiderades entender, que a miña dispoción para que a construcción do ansiado auditorio, fose xá unha realidade é total. Pero a realidade nos dí que as necesidades dun concello coma o voso, son moitas e moi variadas, xa sexa o auditorio, pavimentacións, saneamentos, actividades culturais, inversións... e para todas elas, según me fixo saber o voso alcalde en moitas ocasións, a única colaboración das administracións que tivo durante os últimos anos, foron as aportacións que dende esta Institución se concedían. Con elo non quero xustificar nada, simplemente querevos facer ver, que o igual que ocurre na vosa institución, ao largo destes anos o concello tivo que subsistir e administrar as aportacións da Deputación, entre todas as necesidades que xurdían no voso concello, e elo provocou, en contra da voluntade do alcalde, a ralentización de moitos proxectos. Ó marxe do dito, me consta que en breve se ponrá en marcha unha nova fase de construcción do auditorio. En canto a dificultade de acceder a internet cunha velocidade adecuada, decirlle que a Deputación ten en marcha un proxecto, a través do cal, se pretende crear unha rede wimax de acceso a internet de banda ancha en toda a provincia, proxecto cuio plan piloto dará comenzo precisamente no voso concello. Sen máis, un saúdo.
Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación

Articulos da nosa réplica na prensa

Posted by Banda de Agolada under ,
Aqui está o do Faro de Vigo
.

Corrección ó Alcalde de Agolada

Posted by Banda de Agolada under ,
Esta é a carta que os membros da banda redactamos para o periódico para correxir certos ditos cos que non estamos de acordo. Sairá mañá no "Faro de Vigo" e na Voz de Galicia.
O colectivo que formamos os musicos da banda de Agolada vemonos na obriga de mandar este escrito aos medios de comunicación ante as afirmacions que vostede dixo ao largo da semana. Queriamos aclararlle que a sua irma que como vostede ben dixo e a presidenta da banda, non estaba o tanto de todo isto, ao igual que outros membros da directiva xa que a iniciativa xurdiu soamente dos propios musicos, polo que tamen temos que correxilo e aclararlle que cando a nosa representante falou, fixoo en nome dos musicos e non dos socios como vostede afirmou nos medios de comunicación. Foi un acto realizado na nosa festa e por iso tampouco entendemos como vostede pode dicir que e un acto politico. ¿Recorda vostede que fai dous anos a banda celebrou desinteresadamente os seus primeiros concertos de primavera, cadrando coas eleccions municipais? Cada domingo tiñamos que asistir a un circo no que o que menos importaba era a banda. ¿ Non lle parece a vostede iso un acto politico?
A banda de musica de Agolada, esta formada por uns 50 compoñentes mais ou menos. Podemoslle asegurar que cada alumno que ven a principio de curso para ser membro da escola non lle preguntamos se pensa igual que os de X ou de Z. O unico que intentamos e transmitirlle o gusanillo e a ilusion que nos move no dia a dia. ¿Cómo pode decir vostede que foi un acto politico? ¿ Acaso non se merece tan ansiado auditorio?
Tampouco creemos que sua forma de respostar mediante os medios de comunicación sexa a mais axeitada. Polo menos a de un politico que esta representando o seu pobo. Sen mais os musicos da banda de Agolada queremos deixar claro que non vamos a entrar neste xogo de declaracions, mais que nada porque non nos parece o modo mais axeitado e tampouco nos vai levar a ningunha parte.
Nos debemos de seguir traballando e creando proxectos sexa como sexa, polo pobo de Agolada, pola cultura de Agolada, porque nos gusta o que facemos e porque en ilusion e entrega non nos gana ninguen.

Fdo: Colectivo de musicos da banda de musica municipal de Agolada

Érase unha... XESTIÓN PÉSIMA!!

Posted by Banda de Agolada under , ,
Estes son os artigos de ambolosdous periódicos máis importantes de Galiza, o Faro de Vigo e "La Voz de Galicia. Antes de nada quero engadir e non é moi normal, que o alcalde en vez de apoiarnos, se poña en contra nosa, pero aqui na Golada, ben se sabe como é todo, e máis cando a Sra. Presidenta da Banda é a irmá de Ramiro. E fin da bastante vergonziña, para nós, para o alcalde e para o pobo en xeral. E tamén deixeme dicirlle que isto de acto político non ten nada, e para acusarnos de tal, primeiro informese do que é a política.
O presidente Rafael Louzán molestouse en contestar as nosas cartas dun xeito educado, proximamente as copiarei aqui, así como o "Comunicado" que os membros da Banda lle mandamos o Alcalde, a través do periódico. Aqui quedan os artigos.

ARTIGO DO AUDITORIO (faro de vigo)

Posted by Banda de Agolada under , ,
Necesitamos conseguir ese auditorio XA!! Aqui vos queda o artigo que o Faro de Vigo, sacou hoxe na terceira páxina. Esta bastate ben, aínda que xa se sabe que os do periódico.... inventan de vez en cando. Encantame a foto das nosas pegatinas. E a ver se vos animades a escribirlle a Rafael Louzán, que senón vai pensar que estamos de broma.

A MIÑA CARTA O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Posted by Banda de Agolada under , ,
Moi boas!!
Coido que xa non son o primeiro membro da Banda de Agolada que lle escribe a esta dirección, pero tamén asegúrolle que non serei o último...
Señor presidente, vostede preguntouse algunha vez que sería un equipo de fútbol sen o seu lugar de traballo, e dicr, sen o seu campo de deportes? A reposta a esta pregunta, debe de ser unha das escasas cousas nas que vostede e eu coincidimos, non sería nada, verdade? Nós non somos equipo de fútbol, pero somos un equipo musical, e ante todo un equipo de grandes amigos, dispostos a chegar onde faga falla para conseguir o que merecemos. Unha agrupación musical, coma a nosa, ou coma outra calquera, non merece estas condicións. Temos grandes proxectos que non se están levando a cabo, ou que simplemente se están esquecendo, por falta de recursos, resursos que vostede nos pode proporcionar como é un Auditorio. O día 17 de maio, día da Festa do Socio da Banda de Agolada, o noso concerto tívose que ver suspendido por culpa da choiva. É indignante que os nosos concertos, no noso pobo teñan que vir determinados polas condicións climatolóxicas, e perdoeme pola expresión, pero "e moi jodido" ver como os planes que se levan preparando meses e meses rematan nun fiasco por un factor tan impredecible como tempo.
Non queremos un auditorio tan grande como o Pazo da Cultura, xa que hai poderiamos vivir tódolos veciños de Agolada, que unha construcción practica e funcional. Este ano gañamos os tres concursos máis importante de toda Galiza, entre eles os organizados pola súa Deputación, ¿vostede cree que nos merecemos estas condicións?
Creo que me merezo unha clara contestación porque xa só para cargar a páxina web, é "unha verdadeira tortura" xa que non dispoñemos de ADSL.
Esperando recibir resposta.
Daniel Sousa

CARTAS O PRESIDENTE LOUZAN

Posted by Banda de Agolada under , ,
Vistos os poucos resultados que teñen as nosas queixas no concello, a certos membros da banda ocorreuseles mandarlle directamente unhas cartas o presidente da Depputacion, Rafael Louzan, a traves da paxina web da deputacion de Pontevedra. Polo momento ainda non temos resposta ainda que na nosa Banda non se perde a esperanza, esperamos que pronto recibamos unha contestacion satisfactotia. Velaqui tedes as Cartas a primeira, enviada polo noso director, Nilo, e a segunda por Javi trompa. Se queredes leer o que pon so tedes que pinchar encima delas e asi veredelas mais grandes.

RECITAL NAS FESTAS DE BRÁNTEGA

Posted by Banda de Agolada under
O domingo día 3 de maio a Banda de Agolada tocoulle actuar nas festas da parroquia de Brántega no noso concello. A actuación durou dende as 13:00 ata aproximadamente as 14:30 nas que a nosa agrupación interpretou conocidos pasodobres como "Agarrate Saxo", "Ópera Flamenca" ou distintas muiñeiras moi conocidas como "Feiticeira" ou "Churrusqueira". Un concerto no que o público puido disfrutar dunha gran variedade de xéneros musicais. Estas as imaxes.
Inesperadamente acabanme de chegar o meu correo electrónico as fotos do primer concerto de primavera celebrado o pasado 26 de abril na parroquia de Vilariño, por agora só vou poñer unha ou dúas, aínda que pronto poderase gozar de todas as fotos dos concertos de primavera na nosa galería de imaxes. Pois aqui vos quedan. E o domingo, concerto en Brántega.