A BMMA empeza a tempada de concertos de primavera pisando forte polo momento xa hai cinco actuacións que son as seguintes:
Abrimos o 18 de abril o ciclo de concertos primavera na parroquia de Esperante, continuamos o 25 deste mes en Carmoega, e pola tarde dirixiremonos ata o Certame de Bandas de Meaño, onde tocaremos xunto coa Unión Musical de Meaño e a Banda de Lalín. Seguimos o sábado 1 de maio no lugar de Brocos co programa primaveral, e para rematar este concluímos en Agolada o día 23 de maio, día no que tamén se celebrará a "Festa do Socio", onde tódolos socios e membros da banda estarán invitados a unha gran comida.