OBRAS DO AUDITORIO!!

Posted by Banda de Agolada under ,
¡¡REANUDACIÓN DAS OBRAS DO AUDITORIO!!
POR FIN DESPOIS DE ANOS!!
XA ERAN HORAS!!




XIRA 2009!!

Posted by Banda de Agolada under ,
Bueno pois agora que se puxo mal tempo, por fin me decidín a actualizar o blogue que vou falla lle fai. Non se publicou nada en todo o verán dende que fomos a Pobra do Caramiñal.
Agora vou facer un pequeno resumo de tódalas actuacións das que teño fotos, que non son poucas, aínda que pouco hai que decir... Comezamos:

SAN FIZ - Chantada
Bueno pois iso, concerto pola maña e pola noite. Se mal non recordo esta vila tiña unhas costas arriba "da leche". Bueno mirade as fotos.



MELIDE
Agora viría o certame de Bandas do día 12 de agosto pero xa falarei del noutra entrada... Se seguimos polos lugares onde fumos parar este verao tócalle o turno as Festas de San Roque, en Melide. Sinto só poder ofrecer unha foto pero e que non tiven tempo para andarme con lerias. Xa sabedes... Vemos o noso amigo, o trompista Marcos, preparado para comezar a tocar no palco da orquesta "Armonína Show".
MEIRA
Pois seguimos e tócalle o turno a Meira (Moaña). Un pequeno pobo situado na ría de Vigo. Nesta vila tamén, o concerto foi durante todo o día. Como anécdota podevos decir que había un tipo que nos presentaba polo micro e ía como un pouco de resabido e na última peza, antes de rematar, dixo todo cheo: "Agora a Banda de Agolada vai acabar con Cielo Azul*" (Cielo Andaluz). En fin tonterías, tampouco dispoño de imaxes da banda`propiamente dita pero si teño algún recordo...

CEDEIRA

Pois aqui fumos convidados á Xuntaza de Bandas de Música Vila de Cedeira. Non hai moito que decir foi un Certamen pequeno, quedádevos cas fotos


O ROSAL
A nosa seguinte actuación seguiu por estas terras xa que fomos tocar ó XX ´Festival de Xóvenes Músicos organizado pola Agrupación Musical do Rosal. É decir que fumos ó Rosal. Conseguin unhas fotos moi boas, que non foron sacadas por min, xa que estaba tocando. Tocamos o pasodobre "Cielo Andaluz", e as obras "La leyenda del Beso" de Soutullo y Vert e o "Concerto para Clarinete" de Oscar Navarro. O solista foi Antonio Suárez. Aqui tedes as fotos.



GUNTÍN

A Federación de Bandas organizou os concertos "Vai de Camiño" e a Banda de Agolada tocoulle ir a "Festa do Pemento" a vila luguesa de Guntín. Ata nos invitou a comer o alcalde, pero outra vez será...
Sinto non dispoñer fotos das festas de Artoño, Trabancas, Porriño e Ventosa, pero non me acordei, así que quedarán para o próximo ano. E nada, así a moi grandes rasgos este foi o verán que pasou a Banda de Agolada pola xeografía galega. Tamén houbo máis acontecementos pero tempo o tempo xa irei contando. Pois deica a próxima.