Novo Blogue da Banda de Agolada

Posted by Banda de Agolada under

Moi boas amigos e amigas, pos hoxe deume por comezar o blogue non oficial da Banda de Música Municipal de Agolada. Este blogue está comezando coma un experimento para facer un seguimento dos actos da banda e da súa evolución. Este blogue dedicaráse única e exclusivamente á Banda de Música Municipal de Agolada, ou a eventos que nos poidan interesar a nivel cultural.
Preséntome, aínda que para os meus compañeiros non preciso presentación, desgraciada, ou afortunadamente son bastante coñecido nesta banda, por cousas boas, aínda que tamén por malas... Son Daniel Sousa un dos clarinetes 3ºs dos que se compón a nosa Banda, eu son a man ás que van as "collejas" do director e as miradas de todo o mundo cada vez que me soa un pitido. Aínda que son bastante vago, intentarei ter o día este blog, con tódalas novas, aínda que tamén tedes a páxina da Banda, espero que vos guste este blog.