XIRA DE PRIMAVERA

Posted by Banda de Agolada under
Xa se realizaron tódolos concertos de primavera da xira 2009-2010 da BMMA. Neste ano percorrimos as parroquias de Esperante, Carmoega e Brocos cunha afluencia de público axeitada. Tamén participamos no Certame de Música de Meaño xunto ca Banda da localidade e a banda de Lalín. Agora só nos queda a festa do socio e de seguido empezalo verán cheos de enerxía. Aquí vos deixo unhas fotos, dos concertos de primavera máis do certame, o resto de fotos podedelas atopar na Galería de imaxe buscando "Concertos de Primavera 2010" ou "Certamen Meaño 2010". Certamen de Meaño
Brocos
Carmoega
Esperante
A BMMA empeza a tempada de concertos de primavera pisando forte polo momento xa hai cinco actuacións que son as seguintes:
Abrimos o 18 de abril o ciclo de concertos primavera na parroquia de Esperante, continuamos o 25 deste mes en Carmoega, e pola tarde dirixiremonos ata o Certame de Bandas de Meaño, onde tocaremos xunto coa Unión Musical de Meaño e a Banda de Lalín. Seguimos o sábado 1 de maio no lugar de Brocos co programa primaveral, e para rematar este concluímos en Agolada o día 23 de maio, día no que tamén se celebrará a "Festa do Socio", onde tódolos socios e membros da banda estarán invitados a unha gran comida.

A Búsqueda do Tesouro...

Posted by Banda de Agolada under ,
PARA LEER PINCHAR ENRIBA DA IMAXE

CONCERTOS DE PRIMAVERA

Posted by Banda de Agolada under
Xa temos as parroquias as que a Banda irá este ano para facer os xa tradicionales Concertos de Primavera. As aldeas elexidas este ano son:

- BROCOS -
- ESPERANTE -
- CARMOEGA -
- AGOLADA -
Aínda non sabemos a data pero saberase dentro de pouco.

BUSQUEDA DE INFORMACIÓN

Posted by Banda de Agolada under
Dende a Banda de Agolada estase buscando xente que teña calquer tipo de documento, fotografías ou simplemente que nos poida contar algo sobre a nosa historia e das Bandas veciñas como a de Brántega ou a de Ventosa... Se sodes vós ou coñecedes a alguén que teña este tipo de información pregamos se poña en contacto con calquer músico da banda, chame o teléfono 618808169, ou deixe un comentario neste blog. por nada máis moitas grazas.

ELECCIÓNS NA BANDA - A POLÉMICA

Posted by Banda de Agolada under ,
Velaquí temos o artigo publicado no xornal Faro de Vigo o día 12 de Xaneiro do 2010:

ELECCIÓNS NA BANDA

Posted by Banda de Agolada under , ,
Onte as 21:30 e na Casa da Cultura de Agolada, foron celebradas as eleccións a presidencia de Bmma. A asamblea contou con numeroso público asistente e despois de realizar as votacións a candidatura encabezada por Ángel Utrera alzouse co 68% dos votos emitidos mentres o 32% da lista encabezada por Xose Ramón Agra. O reconto dos votos o final da votacións foi o seguinte:
106 VOTOS EMITIDOS
73 - Lista de Ángel Utrera (Candidatura B)

32 - Lista de Xose Ramón Agra (Candidatura A)
1 - Voto en blanco

Polo tanto a directiva que rixira a a banda durante os próximos 4 anos sustituíndo a actual no que se atopaba de presidenta Guadalupe Varela será constituída por:
Ángel Utrera como presidente
Raquel Gónzalez como vicepresidenta
Rubén Porto como secretario
Paula González como tesoreira
Xesús Hermida como vocal
María José Vázquez como vocal
Francisco Javier Rial como vocal

frente a outra presentada que estaba formada por:
Xose Ramón Agra como presidente
Jaime Férnandez como vicepresidente
Diego García como secretario
Ovidio Reboredo como tesoreiro
Eduardo Sánchez como vocal
Fernando Blanco como vocal
Andrés Antonio Fernández como vocal

O recén chegado presidente e socio da organización dende hai dous anos e manifestaba onte que se presentou o cargo por primeira vez "porque creo que é necesario darlle un xiro a banda e dotar os seus músicos dun maior peso específico". As votacións contaron cun alto índice de participación e mesmo se produciron pequenos incidentes entre os dous bandos como resultado da polémica que rodeou estas eleccións xa que a lista de Xosé Ramón Agra está formada por persoas vinculadas ao Concello co que a votación de onte deixou claro a intención de que a banda funcione sen o estricto control político do governo. "Claro que queremos colaborar co Concello, xa que se trata dunha banda municipal, pero tamén queremos deslocalizar a xestión desta" apuntaba Ángel. Cabe destacar que a Bmma protagonizou un curriculum envidiable nos últimos anos cosechando premio en distintos torneos provinciais e autónómicos. (Fragmento sacado do xornal Faro de Vigo).
Aqui tedes unhas imaxes.