Artigo - La Voz de Galicia 27/11/2009

Posted by Banda de Agolada under ,
¡¡Menos mal que acabamos de estrenalo edificio!!
P.D.: Para ver o artigo máis grande pinchar enriba da imaxe.

OBRAS DO AUDITORIO!!

Posted by Banda de Agolada under ,
¡¡REANUDACIÓN DAS OBRAS DO AUDITORIO!!
POR FIN DESPOIS DE ANOS!!
XA ERAN HORAS!!




XIRA 2009!!

Posted by Banda de Agolada under ,
Bueno pois agora que se puxo mal tempo, por fin me decidín a actualizar o blogue que vou falla lle fai. Non se publicou nada en todo o verán dende que fomos a Pobra do Caramiñal.
Agora vou facer un pequeno resumo de tódalas actuacións das que teño fotos, que non son poucas, aínda que pouco hai que decir... Comezamos:

SAN FIZ - Chantada
Bueno pois iso, concerto pola maña e pola noite. Se mal non recordo esta vila tiña unhas costas arriba "da leche". Bueno mirade as fotos.



MELIDE
Agora viría o certame de Bandas do día 12 de agosto pero xa falarei del noutra entrada... Se seguimos polos lugares onde fumos parar este verao tócalle o turno as Festas de San Roque, en Melide. Sinto só poder ofrecer unha foto pero e que non tiven tempo para andarme con lerias. Xa sabedes... Vemos o noso amigo, o trompista Marcos, preparado para comezar a tocar no palco da orquesta "Armonína Show".
MEIRA
Pois seguimos e tócalle o turno a Meira (Moaña). Un pequeno pobo situado na ría de Vigo. Nesta vila tamén, o concerto foi durante todo o día. Como anécdota podevos decir que había un tipo que nos presentaba polo micro e ía como un pouco de resabido e na última peza, antes de rematar, dixo todo cheo: "Agora a Banda de Agolada vai acabar con Cielo Azul*" (Cielo Andaluz). En fin tonterías, tampouco dispoño de imaxes da banda`propiamente dita pero si teño algún recordo...

CEDEIRA

Pois aqui fumos convidados á Xuntaza de Bandas de Música Vila de Cedeira. Non hai moito que decir foi un Certamen pequeno, quedádevos cas fotos


O ROSAL
A nosa seguinte actuación seguiu por estas terras xa que fomos tocar ó XX ´Festival de Xóvenes Músicos organizado pola Agrupación Musical do Rosal. É decir que fumos ó Rosal. Conseguin unhas fotos moi boas, que non foron sacadas por min, xa que estaba tocando. Tocamos o pasodobre "Cielo Andaluz", e as obras "La leyenda del Beso" de Soutullo y Vert e o "Concerto para Clarinete" de Oscar Navarro. O solista foi Antonio Suárez. Aqui tedes as fotos.



GUNTÍN

A Federación de Bandas organizou os concertos "Vai de Camiño" e a Banda de Agolada tocoulle ir a "Festa do Pemento" a vila luguesa de Guntín. Ata nos invitou a comer o alcalde, pero outra vez será...
Sinto non dispoñer fotos das festas de Artoño, Trabancas, Porriño e Ventosa, pero non me acordei, así que quedarán para o próximo ano. E nada, así a moi grandes rasgos este foi o verán que pasou a Banda de Agolada pola xeografía galega. Tamén houbo máis acontecementos pero tempo o tempo xa irei contando. Pois deica a próxima.

A Pobra do Caramiñal

Posted by Banda de Agolada under
Vou con algo de retraso, como de costumbre, pero mellor tarde que nunca.
O día 18 de xullo a Banda de Agolada estivo no municipio coruñés de A Pobra do Caramiñal. A Banda despois dun intenso pasacalles polas rúas do pobo, deu un concerto ó mediodía para amenizar a sesión vermú.
A tarde, despois de comer, os músicos gozaron dunha intensa sesión de praia, onde oubo chapuzóns, fútbol, barcas e demais...
Para rematar deu outro concerto a media tarde na praza da vila, onde se congregou numeroso público e despois dunha xornada tan agotadora, ven a volta a casa...

Irei subindo as fotos a galería, por agora contentadevos con iste adianto.

Sorteo Concertos Vai de Camiño

Posted by Banda de Agolada under ,
Bueno pois cun pouco de sorte xa que Rubén chegou puntual o sorteo despois dunha intensísima sesión de praia a nosa banda conseguiu unha actuación nos concertos "Vai de Camiño", así que tocaranos ir a Guntín na provinza de Lugo o día 30 de agosto para facer o noso recital, e como diría o Nilo... MIREN A FOLLA DOS ENSAIOS!!

Campo da Festa de Guntín

CONCERTOS "VAI DE CAMIÑO"

Posted by Banda de Agolada under
Boletín da Federación Galega de Bandas de Música Populares
26-06-2009

Xacobeo ven de confirmar hoxe mesmo o presuposto que dará á Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realización dos xa tradicionais concertos Vai de Camiño. A reducción volve a estar presente xa que se pasa dos 23 concertos do 2008 a 8 concertos durante este 2009. Con todo, e despois das queixas das bandas, as condicións para a realización dos concertos serán máis estrictas ca nunca.
Os concertos planificados polo Xacobeo para este verán son os seguintes:
Venres 3 de xullo en San Cristovo de Cea
-Sábado 18 de xullo en Toques
-Domingo 19 de xullo en O Pino
-Sábado 15 de agosto en Baños de Molgas
-Sábado 15 de agosto en Monterrei*
-Domingo 16 de agosto en Riós
-Data por confirmar en agosto en Guntín
-Domingo 20 de setembro en San Cibrao das Viñas

*A saída de Monterrei non será nas mesmas condicións que as demáis. O concerto de pola tarde substituirase por un pasarrúas que comezará as 9 da mañá e un concerto ao medio día. Ademais da cantidade acordada, o concello ofrecerá unha comida para a banda.
Para a solicitude de participación no primeiro dos concertos (Venres 3 de xullo) establécese un prazo especial de solicitude telefónica a través do 686679836 que rematará o martes día 30 de xullo ás 20.00 horas. Pouco despois, notificarase por vía telefónica tamén, a banda encargada de ofrecer o concerto e solicitaráselle a información pertinente.
As bandas que queira participar nos demáis concertos deben estar federadas e solicitalo por vía electrónica antes das 15.00 horas do día 9 de xullo. O sorteo celebrarase ás 20.00 horas do mesmo 9 de xullo na oficina da Federación Galega de Bandas de Música Populares onde deberá estar presente cando menos un representante de cada banda solicitante.
As condicións que establece o contrato son de 2000€ para bandas con menos de 50 músicos músicos federados e de 2500€ para as bandas que superen os 50 músicos federados. Tamén se establecen condicións para o repertorio que deberá estar composto, polo menos no 50% por obras de temática ou autoría galega.
O concello onde se realice o concerto garantirá unhas condicións óptimas para a súa celebración. Estas condicións serán avaliadas pola Federación Galega de Bandas de Música que servirá de intermediaria e estará tamén ao cargo da publicidade dos concertos para os que se creará un cartél estándar.
Máis información no teléfono 686679836.
Como ven sendo habitual estes últimos anos o día 12 de agosto, coincidindo coa feira mediaval, celébrase en Agolada un importante festival galego de bandas. Este ano as bandas participantes serán...

A BANDA DE MÚSICA CULTURAL E RECREATIVA DE BANDEIRA




A UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO








a anfitriona,

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE AGOLADA