Certame de Pontevedra

Posted by Banda de Agolada under
A verdade e que xa pasou algún tempo dende aquel marabilloso 4 de outubro en Pontevedra. Foi un día para o recordo. Tocabámos de primeiros as catro da tarde, con moitos nervios encima, aínda que cuns pilares fortes que nos animaban e nos apoiaban a seguir loitando por ese premio. Despois de todo un verán traballando "a tope", moitas tardes e moitas noites na Casa da Cultura, despois de ir ensaiar o auditorio de Merza e no de Lalín e despois de tódalas festas fumos logramos o noso obxectivo. Eran as 3 da maña... o auditorio do Pazo da Cultura cheo a rebosar de xente, moito calor e sobre todo moito sono, esperando ó fallo do xurado ata que por fin, saíu dun dos pasillos da entrada o escenario un misterioso home moi elegante. Todos estábamos moi nerviosos pero os nosos nervios eran en vano, xa que levamos un 1º PREMIO NO XIII CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DA EXMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

As nosas caran rebosaron de alegría, os nosos amig@s e familiares estaban alí para apoiarnos e celebraron con nos un premio moi merecido. Aquí vos deixo a foto da Banda no escenario. E tamén a gravación de dito certame, que tamén atoparedes nun enlace no que proximamente estará dispoñible toda a música da banda. Saúdos.

1 comentarios:

On 20 de diciembre de 2008, 6:40 , Dito por Xove Banda de Narón

Dende a Xove Banda de Narón queriamo agradecer as vosas felicitaciós e trasladar as nosas polos vosos estou seguro que merecidísimos premios.
Queriamos escoitarvos pero non puidemos, porque cando iamos saír dende Narón para Santiago unha rapaza olvidara o DNI e tivo que ir á casa buscar o pasaporte...e claro, chegamos ao auditorio ás 18:05 e xa non puidemos entrar...foi unha mágoa, porque ao ser a primeira vez que iamos tiñamos moito interese en escoitar a todo o mundo.
Esperemos que non sexa a última vez que coincidimos nun escenario.
Saúdos dende Narón.