OTRO PREMIO "PA LA SACA!"

Posted by Banda de Agolada under
A isto chámaselle comezar ben o ano... O sábado pasado celebrouse no Auditorio Municipal de Lalín o segundo Certame Zonal de Bandas de Música, Zona 1: Deza, Tabeirós-Terra de Montes. Éramos 3 agrupacións entre as cales se encontraban a de Lalín ou a de Bandeira. O Concurso durou dende a 6 da tarde ata aproximadamente ás 10 da noite, coincidindo co Rali do Cocido. Os primeiros en saír ó escenario fomos nós, como de costume, que abrimolo certame cas obras "Pontus Veteris" e "Fantasía en Do". Ao finalizar a nosa actuación tocoulle o turno a Banda Cultural de Lalín dirixida por Bram Snikers que tocou as obras "Dukita Mere" de Xulio Montero e "Xenia Sarda" de Hady Mertens. Tocoulle poñer punto e final as actuacións bandísticas a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira que baixo a batuta de Miguel Rodríguez interpretou "Estrasantico" de Simón Couceiro e "Music of the Spheres" de Philip Sparke. Mentres que o xurado deliberaba "o seu complicado fallo" tivemos como agrupación invitada o grupo de percusión "Perkuka" que nos interpretou o seu repertorio. Cando se deu a coñecer o resultado na sección primeira gañou a Banda de Lalín seguida da Recreativa de Bandeira.
Na nosa sección, como era previsible xa que íbamos nos solos, VOLVEMOS GAÑAR!!!!!!!
As aportacións económicas eran de 1.800€ por participar, 2.000€ de primeiro premio na primeira sección e 1.750€ na Segunda Sección. Aínda non teño fotos, pero xa as conseguirei!!
FELICIDADES!!!!

1 comentarios:

On 25 de marzo de 2009, 1:30 , Dito por Anónimo

Hola Dani, dame un correo pra
andarche fotos do certamen,o meu e nigargar@mundo-r.com
Un saludo:
Nilo (Pai)