Corrección ó Alcalde de Agolada

Posted by Banda de Agolada under ,
Esta é a carta que os membros da banda redactamos para o periódico para correxir certos ditos cos que non estamos de acordo. Sairá mañá no "Faro de Vigo" e na Voz de Galicia.
O colectivo que formamos os musicos da banda de Agolada vemonos na obriga de mandar este escrito aos medios de comunicación ante as afirmacions que vostede dixo ao largo da semana. Queriamos aclararlle que a sua irma que como vostede ben dixo e a presidenta da banda, non estaba o tanto de todo isto, ao igual que outros membros da directiva xa que a iniciativa xurdiu soamente dos propios musicos, polo que tamen temos que correxilo e aclararlle que cando a nosa representante falou, fixoo en nome dos musicos e non dos socios como vostede afirmou nos medios de comunicación. Foi un acto realizado na nosa festa e por iso tampouco entendemos como vostede pode dicir que e un acto politico. ¿Recorda vostede que fai dous anos a banda celebrou desinteresadamente os seus primeiros concertos de primavera, cadrando coas eleccions municipais? Cada domingo tiñamos que asistir a un circo no que o que menos importaba era a banda. ¿ Non lle parece a vostede iso un acto politico?
A banda de musica de Agolada, esta formada por uns 50 compoñentes mais ou menos. Podemoslle asegurar que cada alumno que ven a principio de curso para ser membro da escola non lle preguntamos se pensa igual que os de X ou de Z. O unico que intentamos e transmitirlle o gusanillo e a ilusion que nos move no dia a dia. ¿Cómo pode decir vostede que foi un acto politico? ¿ Acaso non se merece tan ansiado auditorio?
Tampouco creemos que sua forma de respostar mediante os medios de comunicación sexa a mais axeitada. Polo menos a de un politico que esta representando o seu pobo. Sen mais os musicos da banda de Agolada queremos deixar claro que non vamos a entrar neste xogo de declaracions, mais que nada porque non nos parece o modo mais axeitado e tampouco nos vai levar a ningunha parte.
Nos debemos de seguir traballando e creando proxectos sexa como sexa, polo pobo de Agolada, pola cultura de Agolada, porque nos gusta o que facemos e porque en ilusion e entrega non nos gana ninguen.

Fdo: Colectivo de musicos da banda de musica municipal de Agolada

1 comentarios:

On 22 de mayo de 2009, 13:56 , Dito por aopedofarelo

Pois si amiguiños, eu comparto a vosa preocupacion, e desexos, polo Auditorio, e non estou tampouco nada dacordo cas decalraicions dos SRs. politicos...