O domingo día 3 de maio a Banda de Agolada tocoulle actuar nas festas da parroquia de Brántega no noso concello. A actuación durou dende as 13:00 ata aproximadamente as 14:30 nas que a nosa agrupación interpretou conocidos pasodobres como "Agarrate Saxo", "Ópera Flamenca" ou distintas muiñeiras moi conocidas como "Feiticeira" ou "Churrusqueira". Un concerto no que o público puido disfrutar dunha gran variedade de xéneros musicais. Estas as imaxes.
Inesperadamente acabanme de chegar o meu correo electrónico as fotos do primer concerto de primavera celebrado o pasado 26 de abril na parroquia de Vilariño, por agora só vou poñer unha ou dúas, aínda que pronto poderase gozar de todas as fotos dos concertos de primavera na nosa galería de imaxes. Pois aqui vos quedan. E o domingo, concerto en Brántega.

CERTAME DE NARÓN E CONCERTO DE PRIMAVERA EN EIDIÁN
Posted by
Banda de Agolada
under
Actuacións,
Concertos de Primavera,
Outros
Pois o sábado tocou o Certame de Narón, cunha amplísima expectacción, e, sinceramente un auditorio magnífico e moi amplo. Paricipamos nós a Banda de Viveiro e a Banda de Narón nun recital que durou dende as 7 da tarde ata as nove e pico. O noso repertorio foi o pasodoble "Festere i Music", e as obras "Pontus Veteris", "Los viajes de Gulliver" . Non posúo fotos pero seguro que os da Banda de Narón me pasarán algunha.
Por outra banda, o segundo concerto de primavera, en Eidián, tamén foi todo éxito, só o fastidiou un pouco a choiva pero acabouse arreglando e xente seguiu con nós ata o remate. Velaquí tedes as fotos:
CONCERTO DE PRIMAVERA - VILARIÑO
Posted by
Banda de Agolada
under
Actuacións,
Concertos de Primavera
Bueno pois xa empezamos o ciclo de concertos de primavera. O primeiro celebrouse o pasado domingo no campo da festa de Vilariño cun amplo público moi entusiasmado. O concerto durou aproximadamente unha hora e media, onde a Banda de Agolada interpretou obras como "Pontus Veteris", "Los Viajes de Gulliver", e diversos pasobdobres e muiñeiras. O próximo concerto de primavera celebrase en Eidián aínda que o día anterior asistiremos a un certame a Narón. Sinto non poder ofrecervos imaxes.
Bueno pois hoxe quédanvos na Galería de Fotos do Blog as Fotos do Certame Zonal de Bandas de Lalín. Teñolle que agradecer o pai de Nilo que foi quen as sacou, así que moitas grazas. Bueno pois aquí vos queda un adianto.

A isto chámaselle comezar ben o ano... O sábado pasado celebrouse no Auditorio Municipal de Lalín o segundo Certame Zonal de Bandas de Música, Zona 1: Deza, Tabeirós-Terra de Montes. Éramos 3 agrupacións entre as cales se encontraban a de Lalín ou a de Bandeira. O Concurso durou dende a 6 da tarde ata aproximadamente ás 10 da noite, coincidindo co Rali do Cocido. Os primeiros en saír ó escenario fomos nós, como de costume, que abrimolo certame cas obras "Pontus Veteris" e "Fantasía en Do". Ao finalizar a nosa actuación tocoulle o turno a Banda Cultural de Lalín dirixida por Bram Snikers que tocou as obras "Dukita Mere" de Xulio Montero e "Xenia Sarda" de Hady Mertens. Tocoulle poñer punto e final as actuacións bandísticas a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira que baixo a batuta de Miguel Rodríguez interpretou "Estrasantico" de Simón Couceiro e "Music of the Spheres" de Philip Sparke. Mentres que o xurado deliberaba "o seu complicado fallo" tivemos como agrupación invitada o grupo de percusión "Perkuka" que nos interpretou o seu repertorio. Cando se deu a coñecer o resultado na sección primeira gañou a Banda de Lalín seguida da Recreativa de Bandeira. 
Na nosa sección, como era previsible xa que íbamos nos solos, VOLVEMOS GAÑAR!!!!!!!
As aportacións económicas eran de 1.800€ por participar, 2.000€ de primeiro premio na primeira sección e 1.750€ na Segunda Sección. Aínda non teño fotos, pero xa as conseguirei!!
FELICIDADES!!!!
proximamente... CERTAME ZONAL DE BANDAS DEZA-TABEIRÓS
Posted by
Banda de Agolada
under
A Banda,
Actuacións,
Concursos
Pois iso este sábado día 14 temos o tan esperado Concurso Zonal de Bandas para Deza e Tabeirós, aínda que bueno da comarca de Tabeirós non se apuntou ninguén e da nosa comarca só tres bandas participantes unha delas nós. Polo tanto na Sección Primeira competirán a Banda de Música de Lalín e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira mentres que na nosa sección a Sección Segunda só imos nós a Banda de Música Municipal de Agolada. En fin un concurso propiamente dito non é pero bueno o premio témolo bastante fácil non? Tamén como non gañemos indo nós sós e que é para "colgarnos dun pino!!" jaja. Bueno pois moita sorte... aínda que espero que non nos faga falta. Tamén vos presento unha das caras do novo carnet de socio, xa que polo outra levan unha foto do Concurso Galego, no Auditorio de Galicia e aino que recoñecer,estéticamente melloraron moito.

Benvidos o noso blog
Actuacións
| Data | Lugar |
| Sta. María de Oia | 18-07-2010 | -- | -- |
Novas
As Visitas
Categorías
- A Banda (16)
- Actuacións (16)
- Concertos de Primavera (5)
- Concursos (8)
- Novas (18)
- Outros (7)
- Prensa (11)
Traductor


